Amores de mariñeiro. Mª do Carme Kruckenberg.
Amores de mariñeiro
que son de mar
e bicos de mariñeiro
que son de sal
Non tardes meu amoriño
que-a barca na praia espera
para sair polo mare
botando a rede as estrelas
Co cerco que ten a lua
eite facer un anelo
e co-a bretema do mare
o velo do casamento
Si eres fillo do mare
e tes por nai unha estrela
a cuniña que che mece
e-unha barquiña marela
A bretema entrou na ría
xa non vexo a-o meu amor
pero sinto muy axiña
bater o seu corazón
Fios de ouro na terra
fios de prata no mar
amores de mariñeiro
non rompen co temporal
Meu amor mariñeiriño
mariñeiro o meu cantar
e-a escuma branca gardeina
nas ondiñas do meu mar.
Kruckenberg, M. C.