Dareiche. Eva Veiga.

dareiche un sopro do dente de león
para que marche todo canto doe
dareiche o segredo da cerdeira
para que onda el gardes unha rama
dareiche unha ourela de mar sen anzol
para que os peixes tanxan a súa frauta
dareiche a luz enteira dun limoeiro
para que na noite te alumee un fanal

Veiga, Eva.

http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/veiga-torre-eva.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *