Voces baixo a Vía Láctea. Estíbaliz Espinosa.

Faise de noite, noite total
Sae a lúa, trala Torre e as grúas
E cantas estrelas podes contar?
Esa é a miña! Esa é a túa!
A nosa Galaxia
é como unha rúa
chea de luces
que queren cantar
E nós que cantamos
sabemos de voces
queremos deixalas lucir
e brillar!
Por iso na noite, cantamos baixiño
por iso de día, cantamos ben forte
Contamos estrelas, somos astronautas
de viaxe ao fondo da nosa Galaxia
Coas luces baixiñas
Coas voces clariñas
Mira a Vía Láctea na Rúa Real!
Olla aí Orión sobre o Planetario
a Osa Maior co fociño no Acuario
e enriba da Torre a estrela Polar!
Coas luces baixiñas
Coas voces ben fortes!
Cantamos á noite
somos estrelas clin clan!
Somos astronautas totais!

Espinosa, Estíbaliz

Enciclopedia Historia Literatura Galega (as-pg.gal)

Coro Cantabile

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *