Luz de anainar. Antía Otero.

A Airas.


Un vagalume abre o camiño
a esfera brilla
faise misterio
o verde sostén o transo da noite
repousa na calma
no peito que aleita


e non sabe
se isto é canto de berce
ou constelación
ea, ea, é / ea, ea, é
ea, ea, é / ea, ea, é

Como o mar cando hai ardora
todo ti
salina de prata
un fío na voz
garda silencio
falando ao oído
é un enigma
canto porvir
cabe nos ollos
ea, ea, é / ea, ea, é
ea, ea, é/ ea, ea, é

Escoita, meu ben, o acougo
aínda non é o rompente
virán pardais
aire de folerpas
o fulgor maino
da luzada
seremos
un batir de ás
aquelo que no arrolo medra

ea, ea, é / ea, ea, é
ea, ea, é/ ea, ea, é

Otero, Antía.

Cantabile

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *