Xa nin rencor nin desprezo

- XIII -

Xa nin rencor nin desprezo,
xa nin temor de mudanzas,
tan só unha sede... unha sede
dun non sei qué que me mata.
Ríos da vida, ¿onde estades?
¡Aire!, que o aire me falta.

-¿Que ves nese fondo escuro?
¿Que ves que tembras e calas?
-¡Non vexo! Miro, cal mira
un cego á luz do sol crara.
E vou caer alí en donde
nunca o que cai se levanta.

Comments are closed.