Marcháchete un día,
ti, aquel que eu quería;
fuxiste da terra
que tanta alegría
i encantos encerra.
Dixeches: “María,
máis dose que as meles,
máis linda que as frores,
paloma sin feles,
non chores, non chores,
que ausencia envivece,
non mata, n’esquece
os doses amores
que a dicha axuntou.
¡Eu voume…!, mais si ora
delor nos ofrece
fertuna treidora,
jamás te olvidara
quen tanto te adora,
quen tanto te amara.
¡Adiós, miña vida!
No peito escondida
te levo, entretanto
non torno a te ver.
¡Ti espera!, pois xuro
por Dios sacrosanto,
que son non morrer,
aquí hei de volver.”
Morrer, non morreche…,
i anque eu esperara…,
¡que ben que compriche
palabra que diche,
amor que tiveche!
Que os anos pasaron,
as frores mucharon,
os negros cabelos
en brancos tornaron;
e nunca máis, nunca,
¡poder dun querer!,
quixeches volver…
Vivir para ver.
VIVIR PARA VER
Posted by admin on Abril 20, 2012
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2012/04/20/vivir-para-ver/
Previous Post
Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…!
Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…!
Next Post
N’É DE MORTE
N’É DE MORTE
Comments are closed.