-¡Valor!, que anque eres como branda cera,
aquí en perigro estamos,
e noutro lado a libertá che espera
que aquí ninguén che dera.
-Vamos, señor, a donde queiras... ¡Vamos!
-Tan nobre eres, meu ben, como esforzada;
mais, ¡tembras coma a cerva acorralada,
ora que xuntos por ventura estamos
para fuxir, ña prenda namorada!...
-¡Pois, fuxamos... fuxamos!...
-¿Tés medo, miña vida,
a seres nos meus brazos sorprendida
e a que xuntos, amándonos morramos?
-¡Ai, non, que a dicha así fora cumprida!...
Mas, partamos... partamos...
¡E adios, paz e virtú, sempre querida!
Valor! que anque eres como branca cera
Posted by admin on Agosto 4, 2010
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2010/08/04/valor-que-anque-eres-como-branca-cera/
Previous Post
Eu por vós e vós por outro
Eu por vós e vós por outro
Next Post
Dulce sono
Dulce sono
Comments are closed.