Soia

Eran craros os días,
risoñas as mañáns,
i era a tristeza súa
negra como a orfandá.
Íñase á amañecida
tornaba coa serán...
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.
Tomou un día leve
camiño do areal...
como naide a esperaba,
ela non tornou máis.
Ó cabo dos tres días
botouna fóra o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.
Comments are closed.