Xuri do certame de curtametraxes Curtas para Rosalía
A entrega de premios terá lugar o día 20 de setembro.
O pasado 16 de xuño remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no Certame de Curtas para Rosalía. Están establecidos dous premios:
– Un premio de 2000€ á mellor curtametraxe + Diploma.
– Un premio de 1000€ + Diploma ás obras cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos a 16 de xuño de 2010.
Optan ao premio á mellor curtametraxe as obras:
- MÁGOA de Sol Álvarez e Sabela Pernas,
- IGNOTUS de Tomás Conde e Virginia Curiá,
- ESTE VAISE de Paula Pereira e
- CARTA A ROSALÍA/CURTA A ROSALÍA de Patricia Prieto, Natalia Pérez, Adrián Saavedra e Xudit Casas.
Optan ao premio de menores de 30 anos as obras:
- MÁGOA de Sol Álvarez e Sabela Pernas,
- ESTE VAISE de Paula Pereira e
- CARTA A ROSALÍA/CURTA A ROSALÍA de Patricia Prieto, Natalia Pérez, Adrián Saavedra e Xudit Casas.
Por outra parte, tal como se anuncia nas Bases, a AS-PG fai públicos os nomes das persoas que forman parte do xurado do certame de curtas Curtas para Rosalía.
O xurado está formado por:
- Raúl Veiga, director de cine. Entre a súa filmografía figuran Arde amor, Canle aberta, A metade da vida ou Continental.
- Jairo Iglesias, director de cine. Entre a súa filmografía figura: Rosa dos ventos, Cicatrices ou Retrato.
- Eduardo Álvarez González, guionista. Ten traballado como guionista en Canto de permanencia, Arquitectura defensiva ou Os pórticos románicos da catedral de Santiago.
- María dos Anxos González Refoxo, guionista. Entre os seus traballos destaca: E non chegou a ser palabra, É o verbo, Canto de permanecia ou A certeza de sermos.
- Actuará como coordinadora do xurado e en nome da AS-PG, Lorena Rojo Fariña.
A entrega de premios terá lugar o día 20 de setembro nunha gala que se desenvolverá no Teatro Rosalía da Coruña